letra de médico

Velaquí unha mostra dun típico tópico que se cumpre sistematicamente:


fai click para ampliar a imaxe

Neste mundo no que as ciencias e as letras son irreconciliables (deus nos libre aos de letras de ter curiosidades científicas e viceversa), é comprensible que un médico se vaia esquecendo de escribir, do mesmo xeito que eu fun esquecendo a táboa de multiplicar. Non a sei, e tampouco me fai aló moita falta que para algo están as calculadoras...

Se eu uso a calculadora para as operacións máis triviais, un médico non podería usar o ordenador para que os seus pacientes puidesen entender o que lles pasa, que é o que se lles receita e como tomalo?

Aí queda a pregunta, e eu quedo coa dúbida de qué teño que tomar, se alguén o descifra ou sabe da existencia de tradutores de letra de médico agradeceríalle que mo fixese saber. Aínda que unha infección de gorxa é o de menos, hai cousas peores...