Vou actualizar hoxe aínda que teña pouco que contar, que 29 de febreiro hai poucos e hai que aproveitalos (paso de explicar o dos anos bisestos que hoxe cóntano en tódolos lados, pero pobres leapers...)
Aínda que o pe
or de todo é que temos que aguantar os políticos un día máis antes das eleccións, que mira que son pesados! Hoxe cando cheguei á casa tiña unha morea de propaganda que foi chegando ao longo da semana, que bo lume fai! Si, confésoo, son unha votante indecisa. Só teño claro a quen non votar, pero non sei nin se votarei e se o fago igual o boto a sortes... Chamádeme pasota se queredes, pero eu prefiro definirme como realista, porque os de sempre son os de sempre e non van cambiar, e os que podían facer algo... digamos que xa non é que me entusiasmasen antes, e agora téñenme un chisco defraudada.
Así que, ocupareime de ir estudando para os exames que lle hei sacar máis proveito que a darlle voltas ao voto...
Aínda que o pe
or de todo é que temos que aguantar os políticos un día máis antes das eleccións, que mira que son pesados! Hoxe cando cheguei á casa tiña unha morea de propaganda que foi chegando ao longo da semana, que bo lume fai! Si, confésoo, son unha votante indecisa. Só teño claro a quen non votar, pero non sei nin se votarei e se o fago igual o boto a sortes... Chamádeme pasota se queredes, pero eu prefiro definirme como realista, porque os de sempre son os de sempre e non van cambiar, e os que podían facer algo... digamos que xa non é que me entusiasmasen antes, e agora téñenme un chisco defraudada.Así que, ocupareime de ir estudando para os exames que lle hei sacar máis proveito que a darlle voltas ao voto...








|