Teño isto algo abandonado, pero é que en agosto só hai tempo para as festas e pouco máis. Taboada, Melide, Chantada... e as que quedan aínda! Algúns tamén deberiamos estudar, pero iso é un tema que non vén ao caso...
Pois neste percorrido de festa en festa, onte tocou concerto de Lamatumbá en Chantada. Que vos podo contar... mellor non o puiden pasar! A pesar de tódolos cambios que houbo en Lamatumbá seguen a facer tanta festa coma sempre. Pero, despois do concerto, fómoslles mercar unhas chapas que ben o merecían (as camisetas escapábanse do presuposto xD) e andaban todos por alí, cal é a nosa sorpresa cando os oímos falar en castelán! Decepcionaron a máis de un...
Con todo, non lles quito méritos, que un concerto deles ben paga a pena, pero se queredes falar con eles tede coidado que el gallego igual no te lo entienden....








|